Aviso de Privacidad

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)

Para más información consulta la Politique de cookies

panier shopping_cart
vue

théâtre

Lieu: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN” do grupo CHÉVERE

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Xénero: Teatro - musical
Público: xuvenil-adulto
Duración: 60 minutos
Autor: Chévere
Espectáculo en lingua galega e lingua de signos. Inclúe nota de audiodescrición previa para persoas con discapacidade visua
Dirección: Xron · Adaptación: Manuel Cortés
Elenco: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Chusa Pérez de Vallejo,
Gema Santos
Sinopse: As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe
de voces furtivas que berran entre raposos.
Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres. Dáse continuidade así a traballos anteriores que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), ou promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.
A función faise en lingua oral galega e lingua de signos (LSE) simultaneamente, con participación en escena de dúas intérpretes de lingua de signos Audiodescrición previa para persoas con discapacidade visual

musique

Lieu: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

DONAIRE 25 aniversario

OUTONO DAS ARTES- DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Xénero: MÚSICA_ DANZA
Público: XUVENIL/ ADULTO
Donaire Xira 25 Aniversario- OUTONO DAS ARTES- DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
A Asociación Cultural Donaire celebra os seus 25 anos cunha gala moi especial no Auditorio Cine Alovi. Un espectáculo cheo de música, baile e emocións, no que se repasan as diferentes etapas da traxectoria da asociación, coa participación de alumnado e grupacións de todas as xeracións. A gala 25o Aniversario de Donaire será unha festa para lembrar, na que se conxugan tradición e creatividade, cun coidado especial na posta en escena e a música en directo. Unha oportunidade única para acompañar a Donaire neste momento tan significativo, celebrando un cuarto de século traballando pola cultura tradicional galega.

cinéma

Lieu: CASA DOPESO

F1: La película

DURACIÓN: 155 min.
CALIFICACIÓN: NRM 12
DIRECCIÓN: Joseph Kosinski
GUIÓN: Ehren Kruger
XÉNERO: Acción-Drama
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
ELENCO: Brad Pitt, Damson Idris, Kerry Condon, Javier Bardem, Tobias Menzies, Kim Bodnia, Sarah Niles, Will Merrick...
SINOPSE: Sonny Hayes foi o fenómeno máis prometedor da Fórmula 1 na década de 1990, ata que un accidente na pista acabou practicamente coa súa carreira. Trinta anos despois é un piloto nómade a soldo ao que contacta o seu antigo compañeiro de equipo, Rubén Cervantes, propietario dun equipo de Fórmula 1 ao bordo da quebra. Rubén convence a Sonny para volver á categoría reina do automobilismo e ter unha última oportunidade para salvar ao equipo. O seu compañeiro será o novato Joshua Pearce, o piloto estrela do equipo, que está decidido a impoñer o seu propio ritmo.

cinéma

Lieu: CASA DOPESO

Heidi. El rescate del lince

DURACIÓN: 78 min
CALIFICACIÓN: TP
DIRECCIÓN: Toby Schwarz, Aizea Roca Berridi
GUIÓN: Rob Sprackling.
XÉNERO: Animación
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
SINOPSE: No máis alto dos Alpes suízos, Heidi vive feliz co seu avó, gozando da natureza e a liberdade da montaña. Cando recibe unha invitación para pasar o verán na costa, a emoción da aventura ilusiónaa, pero todo cambia ao atopar un lince ferido. Decidida a axudalo, conta co apoio do seu mellor amigo Pedro para coidalo e devolvelo coa súa familia na montaña. Con todo, un empresario ambicioso ameaza o bosque cun serradoiro e trampas para os linces, poñendo en perigo todo o que aman.

cinéma

Lieu: CASA DOPESO

LOS SUPER ELFKINS

DURACIÓN: 76 min
CALIFICACIÓN: TP
DIRECCIÓN: Ute von Münchow-Pohl
GUIÓN: Jan Strathmann, Claudio Winter
XÉNERO: Animación, comedia
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
SINOPSE: O mundo de Helvi ponse patas para arriba cando se une ao clan de expertos en tecnoloxía de Bo. Desafiando á antiga división de clans e a unha tenaz muller policía, loitará para poder cumprir o seu destino: converterse nunha Super Elfkin!

cinéma

Lieu: CASA DOPESO

MATERIALISTAS

DURACIÓN: 116 min.
CALIFICACIÓN: NRM 12
DIRECCIÓN: Celine Song
GUIÓN: Celine Song
XÉNERO: Drama - Romance
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
ELENCO: Dakota Johnson, Chris Evans, Pedro Pascal, Marin Ireland, Zoe Winters, .Louisa Jacobson, Dasha Nekrasova...
SINOPSE: Lucy é unha nova casamenteira de Nova York que se encarga de unir solteiros para atopar a parella perfecta. Con todo, o seu mundo se desestabiliza ao atoparse atrapada nun triángulo amoroso con Harry, un aposto financeiro
multimillonario, e o seu ex-mozo John, un actor de pouco éxito..

 

la magie

Lieu: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

MAXIA. “ROCK ‘N’ MAGIC” · MAGO TETO

Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña

Xénero: maxia
Público: a partir de 8 anos
Duración: 75 minutos
Dirección: Fran Rey
Elenco: Mago Teto, Mon Orencio e Fer Risco
Sinopse: Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.
Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequenas e grandes ilusions máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda
en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.
Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.

musique

Lieu: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

MÚSICA. GALLAECIA SMALL BAND

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Xénero: Música - jazz
Todos os públicos
Duración: 90 minutos
Gallaecia Small Band
Está integrada por oito artistas. Seis músicos de gran nome dentro do panorama musical galego (1 saxo, 1 trombón, 1 trompeta, batería, contrabaixo e piano) e dous cantantes.
Un son explosivo. Unha big band doutros tempos en pequeno formato, con dous cantantes que se adaptan a calquera repertorio.
Unha posta en escena en grao sumo elegante. Temas míticos de Frank Sinatra, Glenn Miller, Paul Anka, Renato Carosone, Pérez Prado, temas actuais de Michael Bublé e moitos máis vos levarán no mundo das grandes Big Bands.
Calidade musical, Elegancia e Distinción do espectáculo.

théâtre

Lieu: AUDITORIO MUNICIPAL CINE ALOVI

“O DRAGÓN DE OURO” de SARABELA TEATRO

Rede Galega de Teatros e Auditorios

Xénero: Teatro
Público: adulto
Duración: 70 minutos
Autor: Roland Schimmelpfenning
Dirección: Ánxeles Cuña Bóveda (adaptación Catuxa López Pato)
Elenco: Fernando González, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu, Fina Calleja
Sinopse: Unha noite, nun edificio de varios pisos, nalgún lugar de Europa:un mozo chinés sofre unha forte dor de moas na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés - Chinés - Vietnamita,O Dragón de ouro. Non ten permiso de residencia e tampouco atopa a súa irmá desaparecida.
No balcón, sobre o Dragón de Ouro,un ancián quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación porque o seu mozo non quere fillos.
No piso de abaixo, un home, deixado pola súa muller, visita ao seu amigo,un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución. Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas topa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa.
Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra (que non gardaba nada no verán) e pídelle á Formiga que lle dea de comer.
O Dragón de ouro, é unha das obras deste autor máis representadas en todo o mundo. Mesmo hai unha adaptación á ópera.
Esta vai ser a primeira vez que poidamos escoitala e vela en galego.

cinéma

Lieu: CASA DOPESO

Ponyo en el acantilado

DURACIÓN: 103 min
CALIFICACIÓN: TP
DIRECCIÓN: Hayao Miyazaki
GUIÓN: Hayao Miyazaki
XÉNERO: Animación
IDIOMA: Castelán
SUBTÍTULOS: Sin subtítulos
FORMATO: 2D
SINOPSE: Sosuke, un neno de cinco anos, vive no máis alto dun cantil que dá ao mar. Unha mañá, mentres xoga nunha praia rochosa que hai baixo a súa casa, atópase cunha ‘pececita’ de cores chamada Ponyo, coa cabeza atrancada nun tarro de marmelada. Sosuke rescátaa e a garda nun cubo verde de plástico. Con todo, o pai de Ponyo, Fujimoto, que noutro tempo foi humano e agora é un feiticeiro que vive no
máis profundo do océano, obríga a regresar con el ás profundidades do mar..