Xénero: Teatro- comedia
Os Dous de Sempre de Mofa & Befa, inspirada na obra de Castelao
Público: + 13
Duración 99min
Sinopse: Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao.
Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados...mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou con compasivo humor.
FICHA ARTÍSTICA
Elenco: Evaristo Calvo- Víctor Mosqueira-Josito Porto
Dirección.- Quico Cadaval
Espazo Escénico e Lumínico.- Baltasar Patiño
Indumentaria.- Carlos Alonso
Dirección Musical.- Bernardo Martínez
Dirección de Movemento.- Marcos Orsi
Xefe Técnico.- Octavio Mas
Construción de escenografía.- Kukas & Pepe Quintela
Fotografía & Vídeo.- Sonia García
Asistente de produción.- Mon Serodio
Produción.- Rubén G. Pedrero
Dramaturxia.- Varela & Cadaval