Xénero: música cantautor
Público: todos os públicos
Sinopse: Ismael Serrano volve a sorprendernos cun novo espectáculo cheo de poesía, no que invita ao público a desfrutar do privilexio de escoitar, ademais dos seus éxitos de sempre, cancións inéditas. Temas que, sen dúbida, se converterán nos novos himnos para recordar.
O seus recitais van máis alá do concerto convencional: son propostas escénicas cun marcado carácter teatral. Serrano propón sobre o escenario unha sorte de relato que permite fiar as cancións para darlle un voo poético á experiencia musical.