Aviso de Privacidad

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)

Para más información consulta la Política de cookies

shopping_cart
NIMBOS

NIMBOS

NIMBOS

 Atrás

Descripción

Xénero: Música
Público: todos os públicos
Sinopse: Nimbos nace na cabeza de Antía Caaveiro, vocalista, frautista e gaiteira do grupo.
Despois de anos compoñendo melodías e musicalizando poemas, a maioría da súa irmá, decide formar unha banda para compartir todas esas cancións que foron crecendo con ela dende que compuxo o seu primeiro tema aos trece anos. En 2023 súmanse a este proxecto Álvaro García á guitarra, Xalo Rubio ao acordeón, Mario Arranz ao contrabaixo e Diego Barro á percusión, sendo este último substituído neste ano por Álvaro Prieto. Comezan a dar concertos en sitios como A Casa Museo Manuel María, o Festival Irmandinho de Moeche ou o Festival Folk da Fraga, entre outros. Bebendo da tradición e do folk, Nimbos crea o seu universo sonoro mesturando con outros estilos como o jazz, construíndo unha música bailable nun amplo sentido da palabra, que leva
aos directos a facilidade de interactuar dende o corpo. Actualmente están rematando de gravar o seu primeiro disco, para comezar a xira a partir de abril de 2026. Xa teñen algún adianto publicado no que colaboraron con artistas como Sergio Delgado. Están no momento de expandirse alén da súa contorna na que xa son coñecidos e rodar polo resto de escenarios da rexión.