Aviso de Privacidad

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)

Para más información consulta la Política de cookies

carrito shopping_cart
“AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN” do grupo  CHÉVERE

“AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN” do grupo CHÉVERE

“AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN” do grupo CHÉVERE

 Atrás

Descripción

Xénero: Teatro - musical
Público: xuvenil-adulto
Duración: 60 minutos
Autor: Chévere
Dirección: Xron · Adaptación: Manuel Cortés
Elenco: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Chusa Pérez de Vallejo,
Gema Santos
Sinopse: As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe
de voces furtivas que berran entre raposos.
Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero para sensibilizar á sociedade frente á violencia machista e as desigualdades entre homes e mulleres. Dáse continuidade así a traballos anteriores que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), ou promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you). Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

As Fillas Bravas é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral publicados desde a segunda metade do século XIX.
A función faise en lingua oral galega e lingua de signos (LSE) simultaneamente, con participación en escena de dúas intérpretes de lingua de signos.