Aviso de Privacidad

Utilizamos cookies propias y de terceros para fines analíticos y para mostrarte publicidad personalizada en basa a un perfil elaborado a partir de tus hábitos de navegación (por ejemplo, páginas visitadas)

Para más información consulta la Política de cookies

shopping_cart
Abono I FESTIVAL DE JAZZ DAS PONTES- PULSO

Abono I FESTIVAL DE JAZZ DAS PONTES- PULSO

Abono I FESTIVAL DE JAZZ DAS PONTES- PULSO

 Atrás

Descripción

ACCESO AOS 2 DÍAS DO FESTIVAL 8 E 9 DE MAIO

8 DE MAIO
COPOS DE AVENA: Abe Rábade e Antía Muiño

Dende a liberdade do jazz, a rica herdanza da música latinoamericana acada unha nova dimensión baixo a ollada de Copos de Avena. A proposta deste cuarteto resulta nun crisol de xéneros que atravesa diferentes épocas, desde os boleros clásicos ou a bossa nova, ata composicións de artistas contemporáneas como Silvia Pérez Cruz, Rita Payés, Natalia Lafourcade ou Jorge Drexler
ABE RÁBADE E ANTÍA MUÍÑO
Antía Muíño e Abe Rábade propoñen un encontro no que a canción, o jazz e a música tradicional galega conflúen con naturalidade e sen prexuízos. Dúas traxectorias con identidade propia e unha colaboración recente que, tras varios concertos compartidos e a publicación.

9 DE MAIO-
A ORQUESTRA GALEGA DE LIBERACIÓN é unha formación de músicos galegos que investiga a composición en directo e a improvisación dirixida a través da linguaxe do soundpainting, un sistema de dirección xestual creado polo compositor neoyorquino Walter Thompson. A través deste método, cada concerto convértese nun proceso de creación aberto no que a música se constrúe diante do público. Xacobe Martínez Antelo, que estudou a linguaxe do soundpainting co propio Walter Thompson, dirixe esta formación na que conviven algúns dos nomes máis destacados da escena jazzística galega actual con músicos procedentes doutros ámbitos, como a música clásica e contemporánea ou a música experimental.